O primeiro agradecemento temos que dirixirllo a Inma Peniza e a Sofía Lanchas, dúas profesoras de Historia da Arte, facedoras e partilladoras de material. Das suas mans, físicas e virtuais, recibimos os primitivos e desinteresados glosarios e apuntamentos da materia. Dende a súa orixe, fomos empregándoos, ampliándoos e compartíndoos, para así dar continuidade a unha cadea xenerosa. E velaquí ENDE, a nosa última aportación para disfrute e aproveitamento do común.
ENDE artella anceios ricos e diversos, como o de Fontoira. Este é o nome da tipografía xurdida da fermosa e altruista recolleita de Lino Prieto e Rubén Prol. Con estas letras o mariñeiro e artista Raúl Fontoira foliaba os barcos dos portos de O Grove e Meloxo. E agora folia parte do noso proxecto a xeito de homenaxe patrimonial.
ENDE construiuse con materia artística variada: textos, máis de oitenta debuxos e preto de trescentas fotografías; pero unha principal ferramenta: a nosa lingua. Sabedores de non seren expertos na materia, procuramos a meirande cantidade de apoios lingüísticos. Por isto debemos unha chea de afagos: a Delfín Caseiro, profesor e sabedor de Lingua e Gramática Galega; a Xusto Alexandre Rodríguez Río, asesor de Normalización Lingüística da USC; Isaac Estraviz, filólogo e lexicógrafo de lingua Galega; Luisa Bel Ortega, profesora especialista de Lingua Galega e Portuguesa; Juan Manuel Monterroso Montero, Director do Grupo de Traballo da CIUG da materia de Historia da Arte. E a Xabier Álvarez Campos, subministrador de bibliografía, contactos e da experiencia propia no Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo da Deputación de Ourense. A Elisa Vecino, guía e confidente nesta licenza. A Matilde Aldeanueva Potel, Blanca Díaz Mirón e Luisa Bel Ortega, pola sua axuda.
A Lorenzo Díaz Villarino, o máis querido e preferido músico.
A ENDE, por terse chamado a si mesma “pintora” fai mais de mil anos e converterse na primeira deste cordal.
Documentos
Fontes de consulta
Monterroso Montero, J.M. (2023) Directrices do grupo de traballo de Historia da arte da Comisión Universitaria de Galicia.
Fatás, G. e Borrás, G.M. (1993). Diccionario de Términos Artísticos de Arte. Madrid. Ed. Alianza.
Borrás Gualis, G.; Esteban Lorente, J.F.; Álvaro Zamora, I. (1994). Introducción General al Arte. Arquitectura, Escultura, Pintura, Artes Decorativas. Madrid. Ed. Istmo. Colección Fundamentos.
Revilla, F. (1990) Diccionario de Iconografía y simbología. Madrid. Ed. Cátedra.
De Azcárate Ristori, J.M.; Pérez Sánchez, A.E.; Ramírez Domínguez, J.A. (1987) Historia del Arte. Madrid. Ed. Anaya.
V.V.A.A. (2005) Gran Diccionario da Lingua Galega. Século 21. Ed. Galaxia e Ed. Cumio.
Gómez Méixome, A. (coord.); A. González Rodríguez; M. A. Solla Portela (2004). Dicionario visual da construción. [Santiago de Compostela] : Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Franco Grande, X.L. (1972). Diccionario Galego-Castelán. Ed. Galaxia.
González Piñeiro, M. I. (2013): Glosario de Arte para Bacharelato (castelán-galego). Cangas do Morrazo: Ed. Morgante.
VV AA (2009). Gran Dicionario Xerais da lingua, Vigo, Ed. Xerais, 2 tomos,
De Gregorio Fernández, E.; A. Sendín Domínguez (2010): Dicionario de arte. Vigo: Xerais.
Souto González, M. et alii (1998): Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura. Vigo: COAG-Concello de Vigo.
Fernandez Senra, X. (Dir.). Raigame. Revista de arte, cultura e tradicións populares. Ourense. Centro de Cultura Popular Xaquin Lorenzo. Deputación Prov. Ourense. Num. 45, 46, 49 e Propostas Pedagóxica sobre Arquitectura Popular
Vega Pato, Tomás (2007): "Arquitectura popular ourensá: pechos de clausura simple e complementos. Encintados, encalados e engadidos decorativos". Ourense. Centro de Cultura Popular Xaquin Lorenzo. Deputación Prov. Ourense.
Rodríguez Río, X.A. (2023). Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. BUSCatermos.
Souto García, M. B. (2002): Vocabulario das artes gráficas. Obradoiro de encadernación. Vigo : Universidade.
Consorcio Interuniversitario de Galicia (CIXUG) Tradutor online. Sede en Compostela.
(2023) Rinodicionarios. Dicionarios en liña Rinoceronte, Cangas de Morrazo, Editorial Rinoceronte.
(2023) Diccionario da Real Academia Galega. Diccionario en liña.
(2023) TERGAL versión 1.5.2. Centro Ramón Piñeiro para Investigación de Humanidades. Buscador en liña.
Santamariña, A. (2023) Dicionario de Dicionarios (DdD) . Seminario da Lingua Galega e Seminario de Lingüística Informática da U.Vigo.
Estraviz, I. (2023). Dicionario Estraviz en liña.