O proxecto
Que é aoutraclase?
aoutraclase é un espazo para reunir recursos educativos de calidade: creacións propias e materiais doutras fontes, sempre coa súa autoría indicada.
A idea
A web reúne materiais pensados para estudar e ensinar con claridade. Polo de agora céntrase en Historia da Arte de 2º de Bacharelato e na preparación da PAU, e vai medrando a medida que os materiais están listos.
Que podes atopar
- Comentarios de obras, con ficha técnica, contexto histórico-artístico, análise formal, estilística e iconolóxica, claves para a PAU e un PDF para descargar.
- Temas curtos de Renacemento e Barroco. En preparación.
- Vocabulario PAU, un glosario de termos artísticos. En preparación.
Para quen
Alumnado
Un modelo claro de como estruturar un comentario e que dicir en cada parte, con esquemas e un PDF para estudar.
Profesorado
Comentarios modelo e esquemas para levar á aula, sempre coa autoría e a licenza das imaxes indicadas.
Como se fan os materiais
- Galego coidado e precisión na terminoloxía artística.
- Imaxes alleas sempre con autoría e licenza; os esquemas propios identifícanse como elaboración propia.
- Contidos elaborados tendo en conta os criterios da CIUG para a PAU.
Un proxecto en construción
Os materiais publícanse a medida que están listos. O que aínda non está dispoñible indícase como «En preparación».
