Debido á suspensión das clases presenciais debido á crise do coronavirus, durante este período poderedes seguir as sesións a través desta web xa que, como vén sendo habitual durante o curso, teredes o acceso aos contidos a traballar nas páxinas correspondentes aos vosos respectivos niveis educativos.
Pero ademais, para facilitar o acceso a toda a información, contidos e actividades propostas, durante este tempo cada curso terá acceso desde esta páxina (https://aoutraclase.com/nacasa) a unha ligazón na que se especificarán os contidos que imos traballando e a planificación dos seguintes días, así como as ligazóns ás clases en streaming que impartirei nestas semanas.
Para acceder ás páxinas coa información correspondente a cada nivel educativo, nas que será necesario empregar o contrasinal habitual desta web, pica sobre a imaxe do teu curso:
O uso desta web, habitual durante o curso, combinarase durante este período coa utilización da Aula Virtual do instituto (para acceder, podedes picar aquí), onde teredes que identificarvos coas vosas credenciais habituais. Alí tamén estarán dispoñibles todos os contidos imprescindibles para traballar durante estes días, pero debido á posibilidade de que se produza unha saturación por exceso de tráfico, e as maiores opcións de engadir actividades adicionais neste espazo, os dous recursos (aoutraclase.com e a aula virtual do centro) funcionarán de modo complementario.
Ademais, para facilitar a comunicación durante este tempo, tanto as familias como o alumnado podedes comunicarvos comigo polas seguintes vías:
- O chat que aparece nesta mesma páxina cunha icona en vermello
- O foro creado para esta ocasión ao que podedes acceder picando aquí
- O apartado de contacto desta web
- Os seguintes enderezos electrónicos: aoutraclase@gmail.com e aleixandre.mendez@edu.xunta.es
Ademais, tamén podedes facer as vosas achegas a través do apartado de comentarios nesta mesma páxina. Iso si, previa moderación e respectando sempre as normas básicas de tolerancia e educación!
Moito ánimo a todas e todos, sede responsables e, xa sabedes:
#EuEstudoNaCasa



