Inicio / Comentarios / Grecia e Roma
Comentario de obra · Arquitectura grega clásica
O Partenón
01
Ficha técnica
- Obra
- Partenón
- Autoría
- Ictino e Calícrates, baixo a dirección artística de Fidias
- Cronoloxía
- 447–432 a.C.
- Estilo
- Arquitectura grega clásica
- Materiais
- Mármore pentélico
- Localización
- Acrópole de Atenas
02
O Partenón constitúe a obra cume da arquitectura grega clásica e unha das creacións máis influentes da historia da arte occidental. Foi construído na Acrópole de Atenas durante o século V a.C., no momento de máximo esplendor da polis ateniense baixo o goberno de Pericles.
A civilización grega desenvolveuse no sur da península Balcánica, nas illas do mar Exeo e nas costas de Asia Menor. A pesar da fragmentación política en múltiples polis independentes, os gregos compartían unha mesma lingua, unha relixión politeísta común, costumes semellantes e unha forte conciencia cultural. A súa visión do mundo caracterizouse polo antropocentrismo, a confianza na razón e a procura da beleza a través da harmonía e da proporción. Estes principios explican a importancia concedida á medida, ao equilibrio e á perfección formal nas súas creacións artísticas.
A arte grega adoita dividirse en tres grandes etapas: arcaica (ss. VII-VI a. C.), clásica (ss. V-IV a. C.) e helenística (ss. III-I a. C.). O Partenón pertence ao período clásico, considerado a idade de ouro da cultura grega. A súa construción produciuse tras as Guerras Médicas, nas que as cidades gregas derrotaron o Imperio persa. Como consecuencia destas vitorias, Atenas converteuse na principal potencia política, económica e cultural do mundo grego. Pericles impulsou entón un amplo programa de reconstrución da Acrópole, destruída polos persas no 480 a.C., co obxectivo de exaltar a grandeza da cidade e honrar á súa deusa protectora, Atenea. Poucas décadas máis tarde, a Guerra do Peloponeso entre Atenas e Esparta marcaría o inicio da decadencia política ateniense.
Contexto histórico-artístico
03
O edificio foi realizado por Ictino e Calícrates baixo a dirección artística de Fidias, quen tamén deseñou a monumental estatua criselefantina de Atenea destinada ao interior do templo. A súa función era fundamentalmente relixiosa e simbólica, aínda que tamén actuaba como depósito do tesouro da cidade e da Liga de Delos, converténdose nunha manifestación visible do poder ateniense.
A nivel formal, trátase dun templo períptero e octástilo, con oito columnas na fachada principal e dezasete nos laterais. Esta solución rompe coa proporción habitual dos templos dóricos e contribúe á súa excepcional monumentalidade. Presenta unha planta rectangular cunha cela ou naos dividida en dúas estancias: unha destinada á imaxe de Atenea e outra utilizada para gardar o tesouro.
Análise formal, estilística e iconolóxica
04
Aspectos sinalados pola CIUG para a análise do Partenón na PAU 2025.
Claves PAU
A
Identifica
Clasificación
- Obra: Partenón
- Autoría: Fidias, Ictino e Calícrates
- Cronoloxía: 447–432 a.C.
- Cultura/estilo: Grecia · época clásica · século V a.C.
B
Contextualiza
Contexto histórico-artístico
- Localización xeográficaGrecia · Atenas · Ática
- Sociedade e culturaOrixe · lingua · costumes · formas de vida
- Relixión e polisPoliteísmo · cidade-estado
- ConflitosGuerras Médicas · Guerra do Peloponeso
- PericlesEsplendor político e cultural de Atenas
- Etapas da arte gregaArcaica · clásica · helenística
C
Analiza
Tratamento da obra
- ✓ Descrición
- ✓ Función
- ✓ Ordes arquitectónicas
- ✓ Elementos decorativos
- ✓ Planta
- ✓ Correccións ópticas
- ✓ Valoración
