Mulleres na Historia

A presente actividade ten como obxectivo facer unha pequena achega para reducir a innegable desigualdade entre homes e mulleres que se rexistra aínda hoxe nos manuais de Historia. Durante séculos, o papel da muller no desenvolvemento da Humanidade foi, cando menos, minimizado e, en moitas ocasións, ata silenciado.

Por iso, esta actividade consistirá en poñer en valor a mulleres que xogaron un papel destacado ao longo da Historia e, malia a todo, na maioría dos casos seguen a ocupar un lugar secundario na mesma.

O traballo consistirá nunha biografía dunha muller do listado seguinte, ou calquera outra proposta por vós, que exercera durante a súa vida un importante labor para o progreso social. Cada un dos traballos deberá conter, cando menos, unha breve biografía, un apartado dedicado á súa achega máis destacada a nivel histórico, e unha valoración sobre a súa influencia no mundo actual.

Os traballos se realizarán en parellas e deben entregarse antes do 10 de febreiro por electrónico (aoutraclase@gmail.com) e se exporán despois diante do resto de compañeiros e compañeiras nos días que estableza o profesor.

Algunhas das posibles protagonistas dos vosos traballos poden ser as seguintes:

Olympia de Gouges

Catalina II de Rusia

Charlotte Corday

Emmeline Pankhurst

Marie Curie 

Simone de Beauvoir

Frida Kahlo

Rosa Parks

Valentina Tereshkova

Alexandra Kollontai

Benazir Bhutto

Dolores Ubárruri

Victoria Kent

Clara Campoamor

Harriette Mill

Indira Gandhi

Victoria I de Inglaterra 

Rosa Luxemburgo 

Margaret Thatcher 

Mary Wollstonecraff 

Amelia Earhart

Camile Claudel

Isabel II (de España)

Isabel II (de Inglaterra)

Federica Montseny

Margarita Nelken

Carmen de Burgos

Elisabeth Blackwell

Dolores Aleu

Jane Goodall

Ademais deste listado, non exhaustivo e, polo tanto, susceptible de ser ampliado coas vosas propostas, podedes tamén centrarvos en mulleres viguesas ou galegas que contan cunha rúa na nosa cidade; nomes como os de Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Maruja Mallo, Emilia Pardo Bazán, Urania Mella ou Olimpia Valencia son só algúns dos preto de 50 recoñecidos no noso rueiro. Cifra, en calquera caso, moi alonxada da dedicada aos homes; no entanto, a proporción respecto á de rúas dedicadas a personaxes masculinos segue a ser moi baixa (arredor dunha rúa con nome de muller por cada seis de home).

Respecto a isto, un grupo de estudantes do colexio Las Acacias realizou un interesante traballo localizando boa parte destas rúas nun mapa de Google (podedes ler aquí unha noticia sobre o seu traballo publicada no Faro de Vigo). Se optades por elixir algunha destas mulleres, podedes buscalas no citado mapa:

Scroll ao inicio