Ligazóns para aprender os principais países e capitais do mundo
Antes de comezar o bloque de Xeografía previsto para este curso, cómpre ter uns coñecementos básicos sobre o mapa político mundial. Nas seguintes ligazóns achégovos ferramentas para que coñezades o nome de todos os países do mundo e as súas respectivas capitais.
- Países e capitais do mundo: Nesta primeira ligazón tedes unha listaxe e diversos mapas con todos os países e as súas capitais.
- Wikipedia: Países do mundo: Nesta outra, podedes acceder a un anexo da Wikipedia no que afondar nos contidos anteriores.
Cuestionario de autoavaliación sobre países e capitais do mundo
O seguinte cuestionario permitiravos comprobar os vosos progresos na aprendizaxe de países e capitais do mundo. Sodes quen de acertar as 40 capitais?
